Día
Sábado 16 outubro 2021

Hora
12.30, 13.30, 18.00 e 19.00h

Espazo
Cafetaría Xardín Municipal

Entrada
Máximo espectadores/as: 10

Reserva previa en fiot.microteatroentrada@gmail.com (indicando nome do espectáculo, horario, nome e apelidos do espectador e teléfono de contacto) a partir do martes 28 de setembro.

Duración
20 minutos

Idade
A partir de 16 anos

Sobre o espectáculo

Entendédelo agora? Efectivamente, amigas e amigos, falo diso ao que vós chamades tempo. Quizais é o único que fixen desde que entrastes por esa porta. Non o vemos, pero está aquí, entre nós. Silencioso e invisible. Devorando. Aniquilando. Destruíndo. Consumindo. Borrando. As nosas vidas esfiáñanse coma farrapos ao seu carón. Todo se perde. Nada volve. O futuro só é unha acumulación de pasados. Tamén o presente. Escoitádeme ben, porque estas palabras xa son pretérito. Incluso o noso encontro. Xa pasou. Xa foi. Morreu”.

Os crocodilos son bichos extremadamente vaidosos é unha ollada aceda arredor da tanatofobia, o paso do tempo e a eterna xuventude, simbolizada no mito de Peter Pan. Esta autoficción teatral é o primeiro traballo de Núñez & Is SL, o novo proxecto artístico do actor Jimmy Núñez e do dramaturgo Ernesto Is co que buscan explorar camiños escénicos nos que a comedia e a creación en colaboración serán os eixes creativos e expresivos da compañía.

Ficha

Intepretación: Jimmy Núñez
Dramaturxia:
Ernesto Is
Creación:
Jimmy Núñez e Ernesto Is