Día
Sábado 23 outubro 2021

Hora
12.30, 13.30, 18.00 e 19.00h

Espazo
Parque Infantil (parque do Anllóns)

Entrada
Máximo espectadores/as: 15

Reserva previa en fiot.microteatroentrada@gmail.com (indicando nome do espectáculo, horario, nome e apelidos do espectador e teléfono de contacto) a partir do martes 28 de setembro.

Duración
15 minutos

Idade
Todas as idades

Sobre o espectáculo

Por que cando somos adultos deixamos de xogar? Por que xa non nos invade a curiosidade, as ganas de explorar, de vivir aventuras?

OldPlay é o patio do recreo no que os adultos volven a ser cativos, un xogo, unha experiencia gamificada, unha performance colectiva construída polas propias persoas participantes.

É unha peza de autoteatro, un dispositivo escénico deseñado para que sexa o público quen actúa. As persoas participantes recibirán unha serie de instrucións precisas a través dos seus dispositivos. Cando comece o xogo, terán que tomar decisións, realizar certas accións, interactuar entre eles e vivir a experiencia.

É preciso dispoñer dun dispositivo electrónico con conexión a Internet e auriculares.

Ficha

Creación: Antón Coucheiro
Colaboran: Marcos “Ptt” Carballido, Gala Martínez-Romero, Xabier Mera