Día
Xoves 24 de outubro

Hora
11.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
Función escolar

Duración
80 minutos

Idade
A partir de 14 anos

Sobre o espectáculo

A piques de dar o seu discurso de investidura, un recén elixido presidente enfróntase a un inesperado problema: un tic nervioso ameaza con arruinar o solemne momento. Un psiquiatra acode para atendelo e iníciase unha divertida e incisiva batalla dialéctica entre os dous.

Cales son as motivacións que levan a alguén a querer ser presidente do seu país? É unha responsabilidade da que fuxiríamos a maioría dos cidadáns… Esta comedia aguda sobre a vocación política  visibiliza a vulnerabilidade dos que exercen o poder. A obra daranos pé ao debate sobre unha preocupación social de actualidade: a controversia sobre os políticos.

Nesta coprodución do FIOT, e estrea absoluta nesta edición, a compañía de Cándido Pazó explora novas vías para o teatro galego e para o noso festival aliándose cunha das grandes produtoras españolas, Focus. Xuntas crearon O electo, un espectáculo que terá presenza na escena de toda España cunha versión en castelán.

Ficha

Intérpretes: Manu Baqueiro e Antonio Mourelos
Vestiario: Belén Pichel
Iluminación: Afonso Castro
Música: Manuel Riveiro
Escenografía: Dani Trillo
Texto orixinal: Ramón Madaula
Versión e dirección: Cándido Pazó