Día
Sábado 16 outubro 2021
Hora
12.30, 13.30, 18.00 e 19.00h
Espazo
Biblioteca Rego da Balsa
Entrada
Máximo espectadores/as: 15
Reserva previa en fiot.microteatroentrada@gmail.com (indicando nome do espectáculo, horario, nome e apelidos do espectador e teléfono de contacto) a partir do martes 28 de setembro.
Duración
15 minutos
Idade
Adulto
Sobre o espectáculo
Na calixe da cidade había unha árbore, aparentemente calada, mais que borboriñaba poemas e berraba en silencio a esencia da vida. Pendurei a miña sombra das súas pólas e bailaron xuntas. Bailamos xuntas.
Esta é unha performance física de corpo poético que convida a reorientar a ollada, atopar cambios nas topografías automatizadas do cotián e revalorizar a presenza da natureza no espazo urbano.
A peza inclúe un espazo sonoro complementario e para escoitalo é preciso dispoñer dun dispositivo electrónico con conexión a Internet e auriculares.
Ficha
Creación e interpretación: Ana Abad de Larriva
Asistencia técnica: Juan Abad de Larriva