Día
Sábado 29 outubro 2022

Hora
23.00 h

Espazo
Mercado municipal

Entrada
8 €

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Non existe o listo integral nin o intelixente a tempo completo. Todos escondemos miserias e encrucilladas sen resolver no noso interior. Só se trata de respectarnos mutuamente e non tirar da manta colectiva, porque quedariamos todos os parvos ao descuberto.

Óscar Terol, actor, cómico, escritor, director e creador de series de televisión como Allí abajo, pon en evidencia un mundo que se amosa incomprensible para todas as persoas, que sempre intentamos ocultar das miradas críticas dos demais o noso “eu parvo”, que asoma en calquera momento para arruinarnos a vida.