Día
Domingo 26 setembro 2021
Hora
13.00 h
Espazo
Rúa Jacinto Amigo
Entrada
3 €
Duración
75 minutos
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Chega a revolución musical en feminino! Tras unha década e máis de 200 concertos, o grupo de rock ourensán The Tetas’ Van, formado na súa maioría por mulleres presenta Muller libre, o seu último traballo no que reivindican, en lingua galega, a presenza da muller sobre os escenarios loitando contra as inxustizas que nos tocan a todas.
Esta banda de artistas e malabaristas, que combinan coma ninguén a súa vida de profes, estudantes, nais, irmás, tías e amigas coa de músicas, son especialistas en realizar versións e poñer voz aos poemas, textos e melodías doutras mulleres tendo como obxectivo divertir ao público a través das notas.
Ficha
Ficha artística:
Lucre: voz
Omar: guitarra
Irene: saxo
María: teclados
Pablo: baixo
Lorena: Batería