Día
Sábado 15 outubro 2022

Hora
12.00 h, 13.00 h, 18.00 h e 19.00 h

Espazo
Mercado municipal

Capacidade
10-20 persoas por pase

Duración
25-30 minutos

Idade
A partir de 16 anos

Sobre o espectáculo

Chamáronme maricón dende antes de saber o que significaba”. Alberte Bello percorre o corredor da vergoña, envolto en fraxilidade. Mentres os discursos de odio contra o colectivo LGTBIQ+ resoan na súa cabeza.

En “Menú do Día”, o Colectivo #ChamizoBelloVila tece unha historia que confronta odio e disidencia, escuridade e luz, tristura e aceptación. A primeira creación deste colectivo de artistas transita entre as violencias continuadas que sofre o colectivo LGTBIQ+.

Xuntos, tentan amosar unha nova realidade posible, dende a disidencia e o activismo, capaz de romper a norma e creando unha sociedade máis avanzada, máis inclusiva e máis real.

Ficha

Dirección e dramaturxia: Alberte Bello e Diego Chamizo
En escena: Alberte Bello
Espazo sonoro: Alberte Bello, David Vila e Diego Chamizo
Figurinos e vestiario: Alberte Bello e David Vila
Técnicos audiovisuais: David Vila e Diego Chamizo
Imaxe: Estudio Prolight