Día
Venres 30 setembro 2022

Hora
23.00 h

Espazo
Mesón do Pulpo

Entrada
4 €

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Marta Doviro criouse na Costa da Morte. En clave de humor, acompañarémola polo seu periplo polas distintas vilas nas que viviu, para retratar o carismático carácter das súas xentes, algunhas curiosas vivencias e ata verídicas historias de piratas. A súa mirada de  cinéfila empedernida desvelaranos un divertido paralelismo entre a realidade galega e a “hollywoodiense”. De remate, un rap galaico?

Dez anos sobre as táboas converten a esta cómica, actriz, ou presentadora de espazos de entretemento (Malo será, De quen ves sendo?…) nunha polifacética artista preparada  para todo o que lle boten.