Día
Xoves 3 de outubro

Hora
11.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
Función escolar

Duración
105 minutos

Idade
A partir de 13 anos

Sobre o espectáculo

Isabella abandona o convento por tres días coa intención de salvar a vida do seu pecadento irmán, un mozo condenado a morte. Palacios, cadeas, perversidade, corrupción, hipocrisía social, sexo e amor configuran esta valente comedia negra, en ton de thriller. A obra revela unha cara escura da sociedade aínda moi vixente, onde non se ten en conta a vontade da muller e o abuso sexual é moeda de cambio.

O director Quico Cadaval achega a súa frescura e irreverencia a unha das grandes obras de Shakespeare. O FIOT colabora con esta produción, coa que a compañía Producións Teatrais Excéntricas celebra o seu 15º aniversario. Medida x medida é unha das grandes propostas da temporada teatral galega: enigmática, abafante e divertida.

Ficha

Intérpretes: Melania Cruz, Patricia Vázquez, María Costas, Josito Porto, Santi Romay, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira
Vestiario e escenografía: Suso Montero
Dirección musical: Bernardo Martínez
Adaptación e dirección: Quico Cadaval