Día
Sábado 19 de outubro

Hora
18.00 – 18.30 – 19.00 – 19.30 h

Espazo
Beni Barbería Perruquería (Rúa Doctor Fleming, 2 – baixo)

Entrada
Libre ata completar aforo (15 – 20 espectadores)

Duración
17 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Teatro En Punto presenta Margarita, un monólogo de Sonia Barros dirixido por Roberto Leal.  A peza baséase nun artigo de Maruja Torres, publicado no suplemento dominical de El País no ano 1994, e aborda a historia dunha muller para a que só poderiamos ter eloxios desde a comodidade da nosa vida resolta, se non fose porque algo escuro a obrigou a saltar as leis que rexen a nosa sociedade actual. Margarita merecía un destino mellor.

Ficha

Intérprete: Sonia Barros
Dirección: Roberto Leal
Produción: Gloria Rico