Día
Venres 14 outubro 2022

Hora
19.30 h

Espazo
Praza do Concello (en caso de choiva, trasladarase ao 2º andar do mercado municipal)

Entrada
Libre

Duración
50 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Algunha vez puxeches a proba a túa puntería nun posto de tiro? Agora terás a oportunidade de facelo a cambio de suculentos premios. Pero, ollo, que pode que as cousas non vaian como agardas.

Humor, interacción co público, malabares con bolas, mazas, rulo americano e mesmo un incrible número de rebote son os ingredientes principais da primeira peza de Fran Boza, un auténtico portento do circo clásico. A pesar da súa mocidade, foi malabarista en diversos circos cos que xirou internacionalmente. Chega disposto a abraiar aos espectadores coa súa gran calidade técnica.

Máis vale que non volo perdades!

Presentamos o auténtico rei galego dos malabares!

Ficha

Intérprete: Fran Boza
Autores: Fran Boza e Fran Rei
Dirección: Fran Rei