Día
Venres 8 outubro 2021
Hora
20.00 h
Espazo
Praza do Concello
Entrada
Gratuíta, ata completar capacidade.
Duración
50 minutos
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Peregrina, orfa de raíces e de soños, un día encontrou unha botella á beira do mar. No seu interior, unha mensaxe e algo impulsou unha busca ata o seu destinatario. O camiño foi tan rico que se converteu case nunha obsesión.
E lerá unha nova mensaxe. Este escrito polo mar, ese vello sabio, testemuña das súas fazañas e consciente das súas ausencias. E será no mar onde as ás de Bowa atoparán terra para fondear as súas raíces.
Equilibrios, maxia, acrobacia aérea, teatro de obxectos, humor e poesía serán os compañeiros de Bowa nesta viaxe.
Despois de formar parte de grandes compañías de circo coas que traballou por todo o mundo, Elena Vives funda a súa propia no 2017. Este é o segundo traballo.
Ficha
Autora e intérprete: Elena Vives Espejo-Saavedra
Dirección: Lucas Escobedo
Música orixinal: Proyecto Voltaire
Escenografía e vestiario: La Gatera
Procedencia: Madrid