Día
Sábado 10 de outubro

Hora
18.00 – 19.00 – 20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
Gratuíta. Reserva vía whastsapp ao 604.00.82.35

Duración
15 minutos

Idade
A partir de 15 anos

Sobre o espectáculo

Ela preme na app de Instagram. Recolle o pelo. Sentada fronte ao espello do tocador da habitación. Véselle algunha cana e decide empregar luz indirecta. Di que se lle notan menos as engurras. Preme En Directo. Para toda Galicia, para todo o mundo, e en rigoroso directo dende a intimidade do seu perfil de Instagram, Emma Santos fala da morte do seu único fillo.

Live é unha performance en directo. No directo do escenario e no directo da rede social Instagram. Poderemos interaccionar co directo actriz, á que veremos nos dispositivos. Quen somos cando nos amosamos só a través dun perfil de Instagram?

A performance é a proposta artística máis persoal de Emma Santos. Nela, e nas accións escénicas efémeras, busca a conexión directa co espectador e explora a intimidade, un concepto moi alterado na actualidade pola invasión das redes sociais e que a “nova normalidade” redimensiona. Neste formato experimenta tamén coa introdución da cultura dixital na escena.

Ficha

Colabora: Anna R. Figueiredo e Editorial Galaxia
Procedencia: Galicia