Día
Sábado 17 de outubro
Hora
20.30 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
Ataquilla.com
Duración
80 minutos
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
Cando nace Liberto a vida de Ada frea en seco. Durante o parto o neno queda uns intres sen osíxeno: desde ese momento, a vida da nai fai equilibrios entre a esperanza e o medo.
Nunha sala de espera, dúas actrices acompañadas de música en directo interpelan directamente ao público, reivindicando o imperfecto e o humano, axudándonos a o comprender que a propia morte é parte da vida.
Liberto é un dos espectáculos galegos revelación desta tempada. Trátase a primeira produción teatral da produtora Rebordelos a partir da obra da catalá Gemma Brió, quen conta en primeira persoa a experiencia máis determinante da súa vida.
Ficha
Dirección: Tamara Canosa
Autoría: Gemma Brió
Tradución e adaptación: Tamara Canosa e María Vázquez
Intérpretes: Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao
Son: Jass Procesor
Coreografías: Rut Balbís
Escenografía e iluminación: JM Faro, Coti
Procedencia: Galicia