Día
Sábado 17 de outubro
Hora
12.30 – 13.30 – 18.00 – 19.00 h
Espazo
Ludoteca municipal (r/ Jacinto Amigo)
Entrada
Gratuíta
(reserva previa en fiot.microteatro@gmail.com)
Duración
15 minutos
Idade
A partir de 15 anos
Sobre o espectáculo
Perfomance sobre a realidade vivida o confinamento, a través da experiencia da protagonista, Lara Hierro, quen grazas ás horas infinitas descobre que o seu corpo bule de saudade dun tempo que non sabe se volverá, mentres a nova normalidade agarda chea de incertezas.
Lara reflexiona coa súa sombra. Ela está confinada mentres a Sombra móvese libre no vento das Rías Baixas. Fala da crise social, da crise do sector cultural, da crise económica. Fala da inestabilidade, fala da esperanza e do amor á terra. Lara escoita o mar, pero non pode velo. A Sombra observa o mar dende lonxe. Lara e a súa sombra atópanse.
Ficha
Interpretación: Constance Hurlé e Clara Ferrao Diz
Creación: Constance Hurlé
Espazo sonoro: Rui Grenha