Día
Sábado 29 de outubro 2022
Hora
20.30 h
Espazo
Auditorio do Pazo da Cultura
Entrada
10 €
Duración
90 minutos
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
O menor dunha familia de irmáns vascos sostén que é Xesús de Nazaret. As súas irmáns consideran que toleou por un exceso de lecturas filosóficas. Na historia haberá morte e resurrección e, sobre todo, xogo coa percepción do espectador de modo que a propia función sexa unha posta a proba da súa fe.
Que relación hai entre vontade e fe? Que fai que algo sexa verosímil? Que papel ocupa o desexo de crer na suxestión? A distinción entre ficción e realidade e a crenza como acto voluntario centra a atención do director arxentino Pablo Messiez, unha das voces máis interesantes do teatro contemporáneo, que se acompaña aquí dun excelente equipo artístico creando un espectáculo fermoso e profundo, cheo de poesía. Como punto de partida para a súa ficción sérvese da obra Ordet (A palabra), de Kaj Munk e da versión fílmica de Dreyer.
”Demasiadas veces se ten dito que o teatro é mentira. Imos intentar dicir outra cosa.
Pablo Messiez
Ficha
Intérpretes: Marina Fantini, Carlota Gaviño, Rebeca Hernando, José Juan Rodríguez, Íñigo Rodríguez-Claro e Mikele Urroz
Deseño de vestiario: Cecilia Molano
Deseño de espazo escénico: Max Glaenzel
Iluminación: Carlos Marqueríe
Entrenamento corporal: Elena Córdoba
Axudante de dirección: Javier L. Patiño
Texto e dirección: Pablo Messiez