Día
Sábado 12 de outubro

Hora
13.00 – 13.30 – 19.00 – 19.30 h

Espazo
Estudio de Arte Garabato (Rúa Santa María nº3 – baixo)

Entrada
Libre ata completar aforo (10-15 espectadores)

Duración
15 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Unha exposición de arte e un home que fala. A través do humor negro, convídase a reflexionar sobre esas persoas anónimas que emigran, que viven coma refuxiados ou que son escravizados.

Invisíbel está creada pola compañía Catro Gatos Teatro, formada no ano 2017 como resposta ao incipiente movemento teatral da comarca de Bergondo.

Ficha

Intérpretes: Nicole Muíños e Nino García
Autoría e dirección: Arantza Rodríguez