Día
Venres 21 de outubro 2022
Hora
21.00 h
Espazo
Auditorio do Pazo da Cultura
Entrada
10 €
Duración
60 minutos
Idade
A partir de 12 anos
Sobre o espectáculo
Blanca deixou o seu traballo na pastelaría para triunfar como actriz na capital. Estela espera o seu regreso, pero quen chega é Liliana, unha muller que ninguén coñece e que arrastra un segredo.
Corren os anos 50 e elas están atrapadas aí, onde non medra nada, na distancia e no silencio. Fuxen ignorando a súa realidade e esquecendo o pasado, a súa memoria, e constrúen outro universo no que as súas vidas son un gran film e a ficción é ese ambiente hostil que se respira na vila.
Inspirada en relatos e na vida do escritor arxentino Manuel Puig (El beso de la mujer araña), Impalpable é un espazo intanxible, da ruptura dunha promesa ou dun sono común, onde mulleres soas forxan unha amizade mentres conviven coa espera.
Xa hai uns anos que a compañía arxentina de creación colectiva construíu esta sinxela historia de carácter moi cinematográfico. Tras o éxito no seu país, tráena agora a España onde xa se revelou como unha xoia da carteleira madrileña, fermosa, agridoce e evocadora.
”Non estás nunha película, a vida é outra cousa.
Ficha
Intérpretes: Nanda Abella, Natalia López e Agustina Rodríguez Eyras
Música orixinal: Nicolás Bari e Matías Niebur
Espazo escénico: Gonzalo Córdoba Estévez
Iluminación: Sandra Grosi
Vestiario: Eleonora Sayans
Autoría: Creación colectiva Grupo Sambuseck
Dirección artística: Sergio Calvo e Nacho De Santis