Día
Venres 15 outubro 2021

Hora
20.00 h

Espazo
Praza do Concello

Entrada
Gratuíta, ata completar capacidade.

Duración
45 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento se converta nunha agradable aventura. Que te impulsa a seguir e a erguerte cada día como se fose novo?

Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo son os ingredientes de Ikigai, un espectáculo de danza e circo 360º no que dous personaxes crearán mundos de fantasía grazas ao uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa co espectador.

Desde a compañía SU.MA, as artistas galegas Sue Moreno (trapecista e actriz) e María Move (música e bailarina), chegan dispostas a sorprendernos co seu primeiro traballo, de fusión multidisciplinar, baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro.

Ficha

Elenco: Sue Moreno e María Move
Dirección: Gonzalo Guerreiro
Creación, espazo sonoro e coreografía: Cía. SU.MA (Sue Moreno e Maria Move)
Música orixinal: Maria Move e Raúl Grillo
Fotografía e vídeo: Andrés Nadal
Procedencia: Galicia