Día
Venres 24 setembro 2021
Hora
23.00 h
Espazo
Rúa Jacinto Amigo
Entrada
3 €
Duración
80 minutos
Idade
Adulto
Sobre o espectáculo
Como o fin xustifica os medios, e o fin é escachar coa risa, Pepo Suevos chega disposto a deixar as cousas ben clariñas en Humor Salvaxe, unha sátira implacable e continua da que ninguén sairá ben parado agás o público, que non poderá deixar de rir con este monólogo no que se tocan temas de actualidade, pero tamén de toda a vida, nunha posta en escena cargada de enerxía.
Ademais de ser un dos cómicos máis transgresores e asilvestrados do país, capaz de alternar o humor máis intelixente coa burrada máis grande, Pepo é un “todoterreo” do espectáculo con máis de 1.500 actuacións e 20 anos de carreira. Coñecidas son tamén outras facetas súas como a de actor, guionista, “speaker” deportivo ou mestre de cerimonias en vodas e banquetes varios.
Ficha
Creación e interpretación: Pepo Suevos