Día
Sábado 1 outubro 2022

Hora
21.00 h

Espazo
Mercado municipal

Entrada
4 € (a recadación destinarase a Pallasos en Rebeldía, un dos proxectos queridos por Pedro)

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

O pasado 22 de febreiro a escena galega quedou orfa do gran cómico Pedro Brandariz. A pesares de non chegar aos 45 anos pouca xente pode presumir dunha traxectoria tan longa e completa como a súa enriba dos escenarios ou tralas cámaras cun sen fin de producións e espectáculos sempre comprometidos con Galicia e coa nosa lingua.

Como home do renacemento que era transitou case todas as disciplinas escénicas que hai (teatro, clown, stand up, narración oral, cine, televisión,…) e dentro de cada disciplina deixou unha longa lista de compañeiras e compañeiros que agora o queren homenaxear e dicirlle un “ata sempre!”.

De sobras é coñecido o estreito vínculo que Pedro Brandariz tiña co FIOT, no que realizou algunha das súas primeiras actuacións e no que continuaría compartindo o seu humor en todas as edicións. Pensamos que que mellor entorno para unha gala homenaxe que o colo agarimoso da súa querida Rúa dos Contos.

O FIOT quere agradecer aos seus compañeiros e amigos a súa colaboración na organización e a súa participación nesta noite de contos.