Día
Sábado 22 outubro 2022
Hora
13.00 h, 13.30 h, 19.00 h e 19.30 h
Espazo
Escaparate tenda Zocas (Rúa do Hórreo, 7)
Capacidade
15 persoas por pase
Duración
15 minutos
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
Martina durme na rúa, ao carón do escaparate dunha tenda deportiva. Agora vémola dentro do escaparate.
Asomámonos a un vidro que nos permite ver a súa vida, escoitala súa voz, entender o seu pasado, remexer nos seus soños, e, se cadra, chegar a identificarnos con ela. Tina antes de ser homeless, foi outra persoa, foi alguén que podería ser calquera de nós.
Mónica Paradela preséntanos esta peza onde asistimos ao auxe e caída dunha deportista de elite. Unha posta en escena visual e poética, que emprega o texto e as habilidades circenses para dar visibilidade ás persoas excluídas.
Ficha
Creación e interpretación: Mónica Paradela Cuñarro
Textos e dirección: Antón Coucheiro