Día
Domingo 27 de outubro

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
8 €

Duración
90 minutos

Idade
A partir de 12 anos

Sobre o espectáculo

A familia Hamlet ten o pracer de convidalo a tres cerimonias que se desenvolverán ao longo dun só día: o funeral do defunto, que terá lugar no Arquivo Morto; o matrimonio da viúva do defunto, no Salón Nobre; a toma de posesión do noivo da viúva do defunto, no Penthouse. E como entretemento, unha lectura escenificada e moi posiblemente a dó!

Esta comedia visual e física convida á imaxinación do público, trasladando o clásico de Shakespeare á modernidade dunha multinacional. A obra aborda temas como a traizón, a vinganza, o incesto, a corrupción, a moralidade, o abuso e os xogos de poder, o acoso, a inafectividade… Todo un reflexo dunha sociedade autista e deshumanizada.

Hamlet, a través do uso de obxectos, desafiará o enxeño dos espectadores, empregando neste caso as garabatas como símbolo de poder. O humor, a creatividade e o traballo físico son a linguaxe empregada novamente por esta compañía portuguesa, de recoñecemento internacional e asidua ao FIOT.

Ficha

Intérpretes: Jorge Cruz, Susana Nunes, Ramón de Los Santos e Tiago Viegas
Deseño de luces: José Carlos Garcia
Vestiario: Teresa Machado
Dirección: José Carlos Garcia, Cláudia Nóvoa e Tiago Viegas