Día
Domingo 2 outubro 2022
Hora
22.00 h
Espazo
Casino 1889
Entrada
4 €
Idade
A partir de 12 anos
Sobre o espectáculo
Está claro que o noso comportamento individual no día a día ten impacto real sobre a colectividade á que pertencemos. E viceversa, somos seres sociais, con consciencia grupal e cunha necesidade imperiosa de recoñecemento. Tal vez vai sendo hora de cultivar con consciencia global os hábitos que habitan o noso día a día.
O actor e director teatral Vicente Mohedano mestura teatro, divulgación científica e humor nunha proposta para descubrir a importancia da comunidade. Un discurshow capaz de conciliar o seu cariño polo coñecemento coa súa paixón pola escena.
Enerxías emotivas para tempos de vertixe.
Interpretación en lingua de signos.