Día
Domingo 10 outubro 2021

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
15 €

Duración
90 minutos

Idade
Adulto

Sobre o espectáculo

O cambio climático, o uso abusivo dos plásticos, o consumismo desenfreado, a desaparición de miles de especies de animais e a posible extinción dos seres humanos son o punto de partida desta divertidísima sátira sobre ecoloxía e o futuro da humanidade.

Nun enfrontamento entre unha multinacional e activistas medio-ambientais, catro actores darán vida a galiñas, políticos, pingüíns, ou árbores. A creativa receita de Yllana para combater este problema transcendental é o seu humor ácido e sen barreiras que non deixa indiferente a ninguén. Un desenfreo eco-ilóxico.

Como o noso festival, Yllana celebra o seu 30 aniversario como unha das mellores compañías de humor xestual de Europa, avalada por máis de 6 millóns de espectadores, 15.000 funcións en 48 países, 35 espectáculos, e numerosos premios, que inclúen dous Max ao mellor espectáculo e catro Premios do público do FIOT!

Co uso impecable da expresión corporal ao que xa nos teñen afeitos, os actores van perfilando aos seus personaxes en toda a súa miseria, sen camuflar as súas contradicións e dando renda solta ás situacións desastrosas e os malentendidos catastróficos que desatan as gargalladas no patio de butacas. (…) Todo iso vén aderezado cos elementos que xa nunca faltan nestas montaxes: imaxinación por milleiros, un deseño de vestiario e atrezo impactante no seu enxeño e creatividade, un espazo sonoro que subliña a comicidade de cada momento e uns actores de talento desmedido, con excelente traballo físico e vogal que sucan a escena en tempo real, abertos a calquera estímulo que lles faga improvisar e desatar novas posibilidades expresivas e humorísticas coas que facer gozar ao público.

Ana ArtajoDiario de Navarra
Ficha

Yllana son: Marcos Ottone, Juan Ramos, Joe O’Curneen, Fidel Fernández e David Ottone
Idea orixinal, creación e dirección: Yllana
Intérpretes: Fidel Fernández, Luis Cao, Juanfran Dorado e Jony Elías
Deseño de escenografía: Carlos Brayda
Deseño de vestiario: Tatiana de Sarabia
Deseño de son: Luis López de Segovia (Oelstudios)
Deseño de iluminación: Fernando Rodríguez Berzosa
Construción de escenografía e atrezzo: Scnik Movil, Gonzalo Gatica e Rafael Suárez Arata (Arte y Ficción)
Asesor de maxia: Willy Monroe
Técnicos en xira: Miguel Ángel García, Aitor Aguado
Directora de produción: Mabel Caínzos
Produción: Ramón Sáez, Fran Álvarez e Isabel S. Huertes
Deseño gráfico: Daniel Vilaplana
Foto: Julio Moya
Música orixinal: Marc Álvarez
Coreografía: Elena Mora “Nani”
Comunicación e prensa: Rosa Arroyo e Julia Ottone
Loxística en xira: Mónica González
Contratación internacional: Daniela Scarabino
Produtor executivo: Marcos Ottone