Día
Domingo 26 setembro 2021

Hora
20.00 h

Espazo
Rúa Jacinto Amigo

Entrada
3 €

Duración
75 minutos

Idade
+12

Sobre o espectáculo

As Izquierdo Sisters, dúo cómico formado por Marita Martínez e Lucía Veiga, presentan Galician Horror History, un espectáculo de improvisación teatral conducido por dúas inquietantes irmás decimonónicas e médiums de recoñecido prestixio, que contactarán, coa axuda do público, con todo o que haxa que contactar para revelar os máis profundos misterios da Galicia máis segreda e lutuosa.

Crimes, asasinatos, espíritos, lendas urbanas, marcos movidos, calcetíns desparellados e demais feitos inexplicables por fin terán explicación…

Ficha

Creación e interpretación: Marita Martínez e Lucía Veiga