Día
Domingo 23 outubro 2022

Hora
20.30 h

Espazo
Auditorio do Pazo da Cultura

Entrada
5 €

Duración
90 minutos

Idade
A partir de 14 anos

Sobre o espectáculo

Dúas mulleres sentadas nun sofá, vestidas de princesas de conto e de deusas da sedución. Ábrense en canal para contar as súas intimidades.

Por que non somos capaces de parar situacións nas que en realidade non queremos estar? Freak fala dos límites de cada persoa, da importancia da imaxe cara o exterior, de como dar pracer sen importar o propio, de sentirse suficientemente poderosos ou poderosas para ocupar un espazo.

Freak -extravagante- é un texto de Anna Jordan, unha das dramaturgas europeas máis importantes dos últimos tempos. Esta peza de teatro social sobre a feminidade e a autoimaxe converteuse nunha referencia internacional pola súa maneira de abordar a sexualidade, entre a desesperanza e o humor.

Bailo para eles. Íspome para eles. E cada cara, cada expresión, anímame a ir máis lonxe.

Ficha

Intérpretes: Lorena López e Lara Serrano
Vestiario: Daniel T. Cano
Maquillaxe: Alba Jiménez
Deseño de arte e iluminación: Antiel Jiménez
Autoría: Anna Jordan
Tradución: Paula Amor e Luis Sorolla
Dirección: Paula Amor