Día
Luns 11 outubro 2021
Hora
21.00 h
Espazo
Mercado
Entrada
3 €
Duración
60 minutos
Idade
+12
Sobre o espectáculo
Foot é un monólogo poético, cómico e surrealista na voz dun futbolista palestino que nos conta o imposible camiño do seu equipo para clasificarse á Copa Mundial. Un camiño de controis militares, exilio, corrupción e morte.
A partir da historia conmovedora escrita polo dramaturgo palestino – americano Ismail Khalidi, este espectáculo de Pallasos en Rebeldía pretende sensibilizar ao público sobre as terribles situacións que están a sufrir pobos que padecen opresión. Ademais, na medida do posible, busca abrir procesos de esperanza e transformación desde o país cara a eses territorios en conflito, a través de accións que entenden a arte como linguaxe universal, impulsando valores sociais e políticos a través do teatro e o circo.
Ficha
Autor: Ismail Khalidi
Director: Iván Prado
Elenco: Fran Rei
Produción: Pallasos en Rebeldía e Artefeito S. Coop. Galega