Tes menos de 14 anos? Pois prepárate porque chega unha nova edición do FIOTiño cargado de propostas especiais para que te conectes dunha vez por todas ao teatro. A creación sonora desde as ondas no veterano Concurso de Teatro Lido; as funcións ao aire libre nos divertidísimos espectáculos de Teatro de Rúa; o convite a descubrir o teatro máis creativo e alternativo da man do OTNI e breves (pero intensas) citas en primeiro plano agardan por ti neste FIOT. E moito máis que non debes perder!
Máis propostas
Un ano máis, o FIOT en Ruta, o OTNI e as Micro-Escenas M2 tamén pensan en vós con propostas innovadoras, atrevidas e moi divertidas que vos sorprenderán. Enrédate cos maiores e que comece a función!
Píscore (Dom 13 out)
Estefanía de Paz de Asín (Dom 6 out)
Rauxa Cía. (Dom 13 out)
Paula Quintas Cía. (Ven 18 out)
Almealera (Ven 25 out)
Convidámosvos a ver, ulir, respirar, sentir (e case tocar) o teatro. Onde? Nas Micro-Escenas M2, que, nesta edición, encherán de arte, danza e improvisación desde un centro de psicoloxía ata unha tenda de roupa, pasando por un estudo de deseño gráfico. E todo en menos de 20 minutos. Vémonos os sábados 12, 19 e 26 e outubro, ás 12.00, 13.00, 18.00 ou 19.00 horas.