Día
Venres 29 outubro 2021
Hora
21.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
10 €
Duración
75 minutos
Idade
Adulto
Sobre o espectáculo
Eles teñen unha ferraxería, quérense, son felices e non se fan moitas preguntas. Son, Esteban e Marigel, e punto. Pero un día, o teatro chega á vila e Esteban, fascinado pola experiencia, deixa de ser Esteban. Xa non pode volver a ser o mesmo. Algo mudou nel. A música posúeo, literalmente, convertendo a súa vida enteira nun grotesco musical, incomprensible aos ollos do pobo no que vive. E, ao cantar… comeza a dicir a verdade.
Esta comedia musical, con pinceladas de humor, intriga e misterio propón un duelo, sen vencedores, entre o que queremos e o que debemos facer. Cada elección ten o seu prezo.
As tenras e esperpénticas personaxes creadas polo director e dramaturgo José Troncoso, dan remate a esta edición do FIOT poñendo en valor o poder transformador do teatro e, en cuestión, se é posible un mundo sen arte, sen comedia, sen risa.
As nominacións como finalista nos Premios Max 2021 á Mellor Composición Musical (obra de Mariano Marín, un dos referentes da música do teatro en España), de Mellor Espectáculo Musical, e Mellor Labor de Produción avalan o interese deste espectáculo.
Ficha
Dramaturxia e dirección: José Troncoso
Intérpretes: Carmen Barrantes e Jorge Usón
Pianista: Néstor Ballesteros
Composición e dirección musical: Mariano Marín
Audante de dirección: Belén Ponce de León
Iluminación: David Picazo
Escenografía e vestiario: Juan Sebastián Domínguez
Maquillae de escena: Ana Bruned
Fotografía de escena: Javier Naval
Dirección técnica: Iñigo Benítez (ARMAR)
Deseño de cartel: Iñaki Villuendas
Fotografía de cartel: Jorge Fuembuena
Maquillae de cartel: Chema Noci
Teaser: Javier Macipe
Audante de produción: Claudia Andrés
Dirección de produción: Amelia Hernández
Comunicación: Toniflix Comunicación
Distribución: Emilia Yagüe Producciones