Día
Domingo 9 outubro 2022
Hora
19.00 h
Espazo
Centro Social de Verdillo
Entrada
5 €
Duración
90 minutos
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
Que historias viven aínda en Carballo? Que o espello reflicta a imaxe dun lugar, dun tempo, dun aquí e dun agora é o obxectivo da compañía Berrobambán a través deste proxecto tan singular no que participamos e que conta co copatrocinio da Deputación da Coruña.
Facer memoria é unha experiencia participativa que se compón de tres espectáculos-encontro da narradora Paula Carballeira con persoas de distintas parroquias do municipio, como Oza ou Verdillo, que se sucederán durante toda a semana, e no que se esvaecen os límites entre o escenario e o patio de butacas, dándolles voz ás lembranzas do público. Nesta sesión de remate, compartiremos con todo o público as conversas e contos mantidas e a súa particular reconstrucción da historia local, lembranzas dos lugares que visitaron.
A intención non é recuperar a memoria esquencida, se acaso, é non esquencer o que está a piques de desaparecer.
A proposta está vinculada ao lema desta edición do FIOT e a un dos eixos do festival, a narración oral. A oralidade foi durante séculos un mecanismo case exclusivo de transmisión da nosa cultura, das nosas historias e das palabras e Paula Carballeira, ademais de recoñecida actriz e directora, domina a arte da narración, sendo recoñecida nacional e internacionalmente. É un privilexio que as nosas historias pasen polas súa voz e queden recollidas na pequena peza audiovisual e no podcast que as farán perdurar.
”Darlle a cada recordo a importancia que merece.
Ficha
Intérpretes: Paula Carballeira e Chiqui Pereira
Responsable audiovisuais: José Jamardo
Dramaturxia: Paula Carballeira
Iluminación e dirección: Chiqui Pereira