Día
Do sábado 2 até o sábado 29 outubro 2021
Hora
10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
Gratuíta
Idade
Todos os públicos
Sobre a actividade
Cada edición, un grupo de afeccionados á fotografía convidados pola organización fai un seguimento fotográfico do FIOT. O seu obxectivo capta a actividade das compañías de teatro que permanece oculta ao público.
Neste 2021 a mostra recolle as imaxes realizadas no FIOT 2019 dentro deste proxecto fotográfico do Zoom FIOT (pois no FIOT en Pausa do 2020 non se levou a cabo a iniciativa polas medidas COVID).
A exposición inclúe unha selección de imaxes realizadas por un total de 10 fotógrafos e fotógrafas participantes: Carlota A. Varela, Daniel Garrido, Esther Chamoso, Inés Varela, Jéssica Mato, Oti Fernández, Markus de Castriz, Mel Regueira, Noelia Antelo e Zaira Pallas.