Día
Proximamente

Hora
Proximamente

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
Gratuíta

Idade
Todos os públicos

Sobre a actividade

Para conmemorar este 30 aniversario, a exposición “30 fitos do FIOT” fará un percorrido informativo e emotivo pola traxectoria do FIOT, a través de 30 momentos ou feitos significativos cos que pretendemos ilustrar este longo percorrido.

O deseño e construción da mostra é obra de Beatriz Cortizas, licenciada en Belas Artes na especialidade de Deseño e Audiovisuais, e profesora de debuxo e artes plásticas, ademais de voluntaria do FIOT.

A mostra compleméntase cun proxecto en liña aberto a espectadores e espectadoras, artistas ou colaboradoras do festival na que relatarán algún deses momentos inesquecibles.