Día
Mércores 12 outubro 2022

Hora
19.00 h

Espazo
Centro Social de Ardaña

Entrada
5 €

Duración
60 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Tes seis anos. Mamá está no hospital: “Fixo unha parvada”, di papá. “Resúltalle difícil ser feliz”. Así que comezas a facer unha lista coas cousas marabillosas deste mundo. 1. Os xeados. 2. As guerras de auga. 3 A cor azul… Déixala na almofada de mamá. Sabes que a leu porque corrixiu a ortografía. A lista non tarda en ter vida propia.

O público será cómplice desta divertida historia que se desenvolve nun sinxelo xogo entre o intérprete e os espectadores.

Esta tenra e conmovedora comedia sobre a depresión, o suicidio e sobre todo o que estamos dispostos a facer por aqueles aos que queremos converteuse nun fenómeno teatral a nivel mundial. Coa versión e dirección de Avelino González, pona en escena unha compañía galega de recente creación.

Todo polo que paga a pena vivir.

Ficha

Intérprete: Elisardo de la Cruz García
Vestiario: Ana López
Escenografía: Diego Valeiras
Autor: Duncan Macmillan
Adaptación e dirección: Avelino González