Día
Martes 12 outubro 2021

Hora
21.00 h

Espazo
Mercado Municipal

Entrada
10 €

Duración
80 minutos

Idade
+12

Sobre o espectáculo

Humorista, ilusionista, presentador, escritor e director de cine. Todo isto e moito máis é Luis Piedrahita, un dos artistas máis polifacéticos e versátiles do panorama español, gañador do primeiro “Certame de monólogos de El Club de la Comedia”, programa pioneiro do stand-up comedy en España, e guionista e colaborador habitual en El Hormiguero e en La ventana, da Cadena Ser.

Tralo éxito de Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas e El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable, o humor branco e xenuíno de Luis Piedrahita regresa ao escenario con Es mi palabra contra la mía, o seu último e máis divertido monólogo ata o de agora ou, polo menos, o que a el máis graza lle fai.

Un micro, a súa voz e un enxeño de vertixe é todo o que precisa este virtuoso da comedia e da palabra para analizar, con afán de porco trufeiro, a realidade cotiá, sacando a relucir os aspectos máis divertidos e absurdos do día a día. Temas de gran calado existencial como o medo ao váter alleo, as cellas das señoras maiores ou as mudanzas nos rañaceos son algunhas das reflexións de voo galliñáceo sobre as que afondará para chegar á conclusión de que só o humor fai a vida soportable. Non o podes perder!

O cómico céntrase na súa especialidade: as cousas pequenas, aínda que desta quenda cun ton máis amargo.

Lucía RamosEl País Madrid
Ficha

Creación e interpretación: Luis Piedrahita