Día
Sábado 22 de outubro 2022

Hora
20.30 h

Espazo
Auditorio do Pazo da Cultura

Entrada
10 €

Duración
80 minutos

Idade
A partir de 12 anos

Sobre o espectáculo

O aire vólvese frío e o ceo comeza a escurecer. O tempo párase. Todo está en silencio. Todo é escuro. Todo suspendido… sen saber que ocorrerá… coa sensación de que poderiamos permanecer sempre nesta noite infinita… Pero uns segundos máis tarde, quizais uns minutos, ou anos, xeracións, milenios ou eóns de existencia, o día chega de novo. Unha profunda emoción invádenos e sentimos o privilexio de ter sido testemuñas dun feito incomprensible.

Despois de dúas décadas mirando de esguello o misterio da vida, a veterana compañía valenciana Pont Flotant enrédase nos fíos da memoria para cuestionar como reaccionamos, como nos preparamos ante un feito inevitable e irreversible como é a morte. Impregnando de humor o ritual, desde o xogo escénico e a celebración da vida, realizan un exercicio de imaxinación do inimaxinable, no que o trascendental emana do cotián e o íntimo e persoal adquire unha dimensión social. Unha reflexión sobre o legado, sobre a memoria, o misterio…

Con sinxeleza, naturalidade e a delicadeza que caracteriza o universo artístico desta compañía que crea desde a investigación colectiva, mesturando realidade e ficción, Pont Flotant logra unha relación íntima co espectador e unha obra profundamente conmovedora. Unha proposta deliciosa.

O sol que se apaga. Asistimos ao ensaio xeral dun posible final.

Ficha

Intérpretes: Àlex Cantó e Jesús Muñoz
Iluminación: Marc Gonzalo (AII)
Deseño sonoro: Adolfo García
Espazo escénico e vestiario: Pont Flotant
Asesor artísitco: Fermín Jiménez
Creación: Pont Flotant (Àlex Cantó, Joan Collado, Jesús Muñoz e Pau Pons)