Día
Venres 24 setembro 2021

Hora
21.00 h

Espazo
Rúa Jacinto Amigo

Entrada
3 €

Duración
70 minutos

Idade
Adulto

Sobre o espectáculo

Lonxe de lareiras e colos de avoa, ábrese paso Don Carnal cos seus contos desvergoñados, aqueles que quedan relegados ás últimas horas da noite e ás compañías menos recomendables para contaxiarnos do espírito cabareteiro dos tolos anos 20 e librarnos, por uns intres, das ataduras e padecementos do noso día a día.

Desde a Trastenda dos Contos, xorde a versión máis irreverente para o público adulto de Caxoto (Felipe Díaz), mestre indiscutible da narración oral en Galicia grazas ao seu estilo sinxelo, directo e retranqueiro. Prepárate para unha viaxe da que non quererás regresar!

Ficha

Creación e interpretación: Caxoto