Día
Venres 1 outubro 2021

Hora
21.00 h

Espazo
Casa da Xuventude

Entrada
3 €

Duración
? minutos

Idade
Todas as idades

Sobre o espectáculo

Desta sairemos mellores é, ademais dafraseciña” máis empregada no último ano, o punto de partida do novo espectáculo da humorista coruñesa Ángela Triana. Un divertido monólogo no que analiza, en clave de humor, aspectos da vida cotiá baseados na súa propia experiencia: desde o seu traballo como enfermeira ata a maternidade das súas mellores amigas, pasando polos youtubers aos que non entende. E é que, como ela di, “mellores non sei, pero desta o que saímos é maiores”.

Ademais de monologuista e escritora, tamén é colaboradora e guionista no programa Malo Será (TVG) e no espazo radiofónico “La Ventana da Coruña” da SER.

Ficha

Creación e interpretación: Ángela Triana