Día
Sábado 9 outubro 2021
Hora
12.30, 13.30, 18.00 e 19.00h
Espazo
Horto urbano (rúa Nardos, s/n)
Entrada
Máximo espectadores/as: 10
Duración
15 minutos
Idade
A partir de 14 anos
Sobre o espectáculo
Sabedes que cada día morre unha aldea en Galicia? Cada vez, estamos máis lonxe da terra e máis preto do espazo. A forma que temos de relacionarnos coa nosa contorna foi mudando a través das xeracións. Antes ensinábanche a cocer pan, por exemplo, agora apréndelo nun tutorial de Youtube. Unha mostra da situación actual, enfrontada entre o rural e o dixital na que se reunirán os dous mundos no mesmo lugar.
En DES-abonar faremos esa viaxe inversa xuntas, mesturando a terra coas novas tecnoloxías, unindo. Indagaremos novas formas de ollar o noso mundo máis natural e antigo desde o máis artificial e novo. A terra como personaxe viva á que tentaremos comprender por medio dunha relación directa e bidireccional co público.
O horto urbano transformarase nun punto de encontro xeracional e disciplinar. Un lugar onde debateremos, veremos, escoitaremos, tocaremos.. pero sobre todo, sementaremos.
Ficha
Creación e interpretación: Lydia Prada e Mario Rodríguez (Arroutadas)