Día
Sábado 2 outubro 2021

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
10 €

Duración
60 minutos

Idade
Todas as idades. (Aconsellamos +7)

Sobre o espectáculo

A distancia entre unha persoa e os seus soños, o que é e o que lle gustaría ser. Soños moi ambiciosos que espertan os seus aires de grandeza, pero á vez imposibles, que o levan ao desánimo. Unha proposta suxestiva, arriscada e fascinante na que se difumina a fronteira entre a realidade e a fantasía, a partir dunha historia cun punto de melancolía e fino humor.

Circo, música en directo, teatro de obxectos, monicreques, danza, teatro, clown,…, gran destreza física, e unha potente linguaxe visual e sonora, conforman o fascinante universo construído polo artista e artesán Manolo Alcántara, un referente nacional do novo circo. Ben coñecido polo público do FIOT pola súa presenza cos seus anteriores traballos, un dos cales, Plecs, gañou o Premio do Público do FIOT hai dez anos.

Á potente linguaxe visual -destreza física e hábil traballo cos obxectos e elementos escénicos que o mesmo Alcántara deseñou-, súmase esta vez a espléndida e versátil voz de Laia Rius, responsable dunha composición musical (parte interpretada en directo e parte gravada) que encaixa como unha luva na montaxe. (…) Un estupendo espectáculo.

Marta FergutEl Periódico de Catalunya
Ficha

Idea, creación e dirección: Manolo Alcántara
Composición musical e arranxos: Laia Rius
Intérpretes: Laia Rius, Manolo Alcántara e Andreu Sans / Silvia Compte
Soporte intérpretes: Joan Trilla
Deseño de iluminación e son: Ivan Tomasevic
Técnico de luz e son: Ivan Tomasevic / Pep Arumí
Deseño e construción do títere: Toni Zafra
Vestiario: Rosa Solé
Atrezzo e acabados pictóricos: Xavi Erra
Deseño de escenografía: Manolo Alcántara
Construción de escenografía: Eduardo Fernández e Cía. Manolo Alcántara
Produción musical: Pep Pascual e Laia Rius
Enxeñeiro de son, mesturas e máster: Pep Pascual
Xestión e produción: Clàudia Saez
Distribución nacional: Portal71
Distribución internacional: Alapista
Produción: Cía. Manolo Alcántara
Apoio á produción: Alfred Fort e Clàudia Saez para La Destil·leria
Coprodución: Grec Festival de Barcelona
Apoio á coprodución: ICEC-Generalitat de Catalunya, INAEM e Institut Ramon Llull.
Coa colaboración de: Teatre Principal de Olot, Teatres en Xarxa, Teatre Núria Espert de Sant Andreu de la Barca, Teatre Clavé de Tordera, Teatre Bartrina de Reus, Social Antzokia de Basauri e Teatro-Circo de Murcia
Agradecementos a: Guga Arruda, Raquel Garcia, Amèlia Bautista, Marie Pierre Durand, Toti Toronell e todas as persoas e organismos que nos axudaron a dar vida a Déjà vu