Día
Sábado 10 de outubro

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
Ataquilla.com

Duración
90 minutos

Idade
A partir de 13 anos

Sobre o espectáculo

Curva España é unha peza que bebe do xénero policial e ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, thriller e autoficción. A obra trata a historia da curva na que se matou España. Un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes…

Partindo dunha historia real local transmitida de xeración en xeración, e da existencia de distintas versións sobre o caso, Chévere realiza unha alegoría sobre a vertebración do estado español como a promesa dun tren que nunca chegou. A Compañlía, Premio Nacional de Teatro, afonda nos mecanismos narrativos que xorden na fronteira entre a realidade e a ficción, entre a historia  e a lenda, entre a pantalla e o escenario.

Ficha

Dirección e dramaturxia: XRon
Textos: XRon, Manuel Cortés, MIguel de Lira e Patricia de Lorenzo
Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira
Espazo audiovisual: Lucía Estévez, Leticia T. Blanco, Laura Iturralde
Espazo sonoro: Xacobe Martínez
Deseño de iluminación: Fidel Vázquez
Procedencia: Galicia