Día
Venres 24 setembro 2021
Hora
17.00 h
Espazo
Biblioteca Rego da Balsa
Entrada
Gratuíta, previa reserva na Biblioteca Rego da Balsa.
Duración
45 minutos
Idade
Familiar
Sobre o espectáculo
Unha xograresa chega co seu pandeiro coma unha ilusionista de verbas e cántigas, para contar historias de lumes pequenos e grandes, de fragas e paxaros, de serpes e mulleres nunha fermosa alegación sobre o coidado do medio ambiente, o respecto pola natureza e a convivencia.
A actriz e narradora ourensá Alba Grande visita a Rúa dos Contos co seu primeiro espectáculo de narración oral, que inclúe música, cancións e monicreques creados con obxectos. Unha fermosa proposta, recomendable para todos os públicos, que agocha en tres magníficos contos unha mensaxe de responsabilidade social que cómpre ter en conta. Non o perdades!
Ficha
Creación e interpretación: Alba Grande