Día
Sábado 22 outubro 2022
Hora
23.00 h
Espazo
Mercado municipal
Entrada
8 €
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Un espectáculo de palabras e silencios, de signos e de xestos. Quico Cadaval e Chusa Pérez de Vallejo, retoman unha espontánea colaboración dos anos 90 e voltan con estas dúas maneiras de contar. Pola boca e polos dedos.
Quico é vello amigo do FIOT, narrador da fecunda fornada do conto galego, e presenta algúns dos seus contos clásicos. Chusa é actriz, bailarina, coreógrafa e actriz especial, fundadora de Los Últimos. As súas historias por xestos dialogan e discuten coas de Quico.
Un espectáculo para persoas, ouvintes, xordas, interesadas na lingua de signos, e nas capacidades expresivas deste idioma que tantas persoas “falan” en Galicia.
Interpretación en galego e en lingua de signos.