Día
Venres 14 outubro 2022

Hora
21.00 h

Espazo
Salón de actos do Pazo da Cultura

Entrada
5 €

Duración
60 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Unha divertida clase maxistral sobre a vangarda teatral, combinando a palabra coa manipulación de obxectos, coreografías e teatro de sombras. Asistiremos a un espectáculo divulgativo no que se explica o que son as novas escenas e que foi o que impulsou o xurdimento dos formatos teatrais máis innovadores, desde a chegada da electricidade ao teatro ata a era dixital. A maxia de ver reproducidos, con obxectos cotiáns, fragmentos de obras de Fura dels Baus, Pina Bausch, Els Joglars, T. Kantor, Peter Brook… entre outros nomes consagrados.

Se alguén pode explicar grandes conceptos con bonecos, xoguetes e obxectos atopados por casa, este é David Espinosa. Artista singular de longa traxectoria, ten percorrido medio mundo coas súas montaxes, nas que intenta romper os límites da teatralidade e achegar a escena experimental ao público non especializado a través dun xogo formal que sorprenda ao espectador e o faga partícipe da obra.

Unha conferencia representada con obxectos, maquetas e sombras como homenaxe aos artistas máis consagrados.

Ficha

Intérprete: David Espinosa
Colaboración: África Navarro
Son: Santos Martínez e David Espinosa
Creación: David Espinosa / El Local E.C.