Día
Sábado 9 outubro 2021

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
10 €

Duración
100 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Cando unha muller está dando a luz ao seu fillo bastardo, froito dunha relación socialmente imposible entre unha proletaria e un burgués, oe a voz dunha multitude na rúa que berra: “Viva a República Federal!”. Esta apaixonante historia é unha testemuña da crise política que levou á caída da dinastía borbónica, e das primeiras loitas feministas das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña, que iniciou a contratación masiva de man de obra feminina. Tempos convulsos nos que resoan ecos de actualidade.

No centenario da morte de Emilia Pardo Bazán, o FIOT quere participar na reivindicación dunha escritora de capital relevancia no devir do feminismo e da literatura de finais do s. XIX e principios do XX. Cándido Pazó realiza unha relectura do drama individual e colectivo da súa novela La Tribuna, á que incorpora a retranca e o humor característicos da narrativa da escritora.

Con sete actrices en escena, Contraproducións aposta por unha gran produción, coa que o FIOT está orgulloso de colaborar, con vocación de realizar unha longa xira dentro e fóra de Galicia, en alianza con tres importantes empresas teatrais do estado.

Ficha

Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Berta Ojea, Ana Santos, Ledicia Sola.
Escenografía: Dani Trillo
Vestiario: Martina Cambeiro
Iluminación: Afonso Castro
Deseño espazo musical: Manuel Riveiro
Adaptación e dirección: Cándido Pazó
Produción executiva: Belén Pichel
Deseño gráfico: Planb Estudio
Técnicos en xira: Afonso Castro, Miguel Cabaleiro y Raúl Giraldo