Día
Venres 7 outubro 2022
Hora
19.30 h
Espazo
Praza do Concello (en caso de choiva, trasladarase ao 2º andar do mercado municipal)
Entrada
Libre
Duración
50 minutos
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Un excéntrico showman e un Seat 600 son os protagonistas desta comedia urbán de rúa no que o icónico coche cobrará vida, recuperando o posto na historia que nunca debeu perder. Música, circo, obxectos, humor e superpoderes.
Transforma a rúa e devólvella aos seus habitantes. Detrás desta orixinal e divertida posta en escena, que desfilou por algúns dos festivais e eventos máis relevantes de España colleitando diversos premios, figura Javier Ariza, que se define como un “auténtico templario do ridículo”. Actuou en vinte países e, ademais de tomarse en serio a arte de ser idiota, ofrece unha mirada cómplice co público para facelo partícipe dunha atmosfera cargada de ilusión, sorpresa e provocación.
”Un Seat 600 convertido case nunha marioneta.
Ficha
Interpretación e creación: Javier Ariza
Vestiario: Elisa Sanz e Flor Aldea
Dirección: Aitor Basauri