Día
Sábado 5 de outubro

Hora
20 h (Os convites entregaranse no lugar do espectáculo entre as 19.30h e as 19.45h. A partir desta hora as entradas dispoñibles poñeranse ao dispor do público xeral)

Espazo
Praza do Concello
(en caso de choiva trasladarase ao mercado municipal)

Entrada
Libre (previa recollida de convites na biblioteca Rego da Balsa desde o 28 de setembro)

Duración
50 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Unha persoa sen fogar, viaxeiro involuntario forzado a deixar a súa casa, obrigado a marchar precipitadamente. A través da combinación maxistral do clown coas artes circenses e o humor como canle, Calor crea un particular universo, onírico e poético, que nos fará imaxinar, sentir, xogar e rir. Unha obra para todos os públicos, para vivir en proximidade, para sentir o calor das miradas, do alento e do tacto.