Día
Sábado 15 de outubro 2022
Hora
20.30 h
Espazo
Auditorio do Pazo da Cultura
Entrada
10 €
Duración
90 minutos
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
Pablo, un antropólogo forense especializado en xacementos paleolíticos, sofre un ictus que lle provoca unha amnesia severa. Xunto a el, asistiremos a unha busca interior pola súa memoria para recuperar os seus recordos e, en definitiva, a súa identidade.
Titzina é unha compañía con marcada personalidade que se gañou un posto destacado no teatro contemporáneo en España. Crea as súas obras a partir dun longo traballo de investigación antropolóxica de entrevistas e convivencias, adentrándose na vida doutras persoas e explorando con gran sensibilidade as relacións humanas e os conflitos cotiáns que elevan a unha dimensión cómica e tráxica. Traballos sempre afinados, suxestivos, fondos e poéticos.
O FIOT nunca se perde as súas obras e os seus creadores Diego Lorca e Pako Merino sempre nos teñen presentes para agasallarnos coa primicia das súas estreas. Un privilexio e unha delicia.
”“Cerebro, memoria, profundidade, escuridade” (…). Que haberá aí abaixo?
Ficha
Intérpretes: Diego Lorca e Pako Merino
Deseño de vestiario: Núria Espinach
Deseño de escenografía: Rocío Peña
Deseño de iIuminación: Jordi Thomás
Composición musical e son: Jonatan Bernabeu e Tomomi Kubo
Dramaturxia: Diego Lorca
Idea, creación e dirección: Diego Lorca e Pako Merino