Día
Sábado 1 outubro 2022
Hora
23.30 h
Espazo
O Patacón
Entrada
4 €
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
Bieitta James, a grande Diva Rural (lseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas) poñerán o fondo musical á Rúa dos Contos versionando clásicos do blues, soul ou rhythm’n blues, adaptándoos á idiosincrasia e retranca galegas. Preparádevos tamén para altas doses de teatro, clown e moita improvisación.
Enerxía e unha discografía coidada definen o percorrido deste dúo galaico-mississippeño, que xa pasou por todo tipo de escenarios e situacións. Calquera sitio é bo para botarlle uns blueses da casa, non si?.