Día
Sábado 8 outubro 2022
Hora
20.45 h
Espazo
Salón de actos do Pazo da Cultura
Entrada
5 €
Duración
75 minutos
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
O 21 de maio, Ion celebrou o seu aniversario cunha festa performance á que chamou “O último martes antes de cumprir 40”. O seu pai leu un relato que escribira a súa nai durante o embarazo e que estivera oculto. Coa complicidade do público, o actor tratará de reconstruír a súa festa a través das súas lembranzas.
Unha comedia de autoficción existencial e linguaxe cinematográfico que trata sobre as múltiples identidades que habitan nunha soa persoa e tamén sobre como a memoria é invadida constantemente pola imaxinación.
La Caja Flotante caracterízase polo uso do audiovisual e a creación de novas dramaturxias. Chega ao FIOT da man de Camiño Escena Norte, un proxecto liderado por Escena Galega xunto ás demais asociacións de compañías de artes escénicas da ruta histórica dos Camiños de Santiago, que pretende revitalizar este camiño cultural que nos une desde hai séculos.
”Todos somos todos e ningún é só un.
Ficha
Intérprete: Ion Iraizoz
Vídeo creación: Ainara Pardal
Espazo sonoro: José Pablo Polo
Espazo escénico: Caja Negra Tam
Texto e idea: Ion Iraizoz
Dirección e dramaturxia: Gloria March, Ion Iraizoz e Juan Paños